O “notable”

Debe de ser que o sr. alcalde non ten moi claro se é o profesor ou o alumno pero, en calquera dos dous casos, non vin nunca que fora un mesmo quen se puxera a nota. Apañados imos, aínda que falta por saber si pensa, ou non, facer a reválida, esa que tan de cú trae a moitos, tanto a alumnos como a ensinantes. A reválida fíxenna eu. Daquela as notas, segundo o que se puxo o sr. Suárez, un sete, equivalía a “notable”, o cal non estaba nada mal porque un xa podía incluso presumir, non cos compañeiros, que a máis de un caíalle un coscorrón, pero si cos pais, que polo menos os tiñamos tranquilos unha tempada. Supoño que o alcalde nos cré parvos, coma nós pensabamos dos nosos pais.

O “notable”

Te puede interesar