Renarte

É o alcume que se lle podería adxudicar ao presidente en funcións. Renarte, raposeiro, ou torticeiro, que todos eses epítetos veñen ser case o mesmo e lle acaen ben á súa forma de facer política. Antes valíalle coa abstención dos socialistas; agora di que “esixirá un compromiso de gobernabilidade”. Por que, esa imposición humillante? É só unha vinganza por o “no es no”? Coido que ademais de vinganza hai a seguridade de que os do PSOE non aceptarán e así poderá culpalos de ir “ás terceiras”, pensando que volverá a gañar e quizabes por maioría absoluta. E por iso antes procurou que a consulta caera na Navidad, mais agora quere que se faga o domingo antes. Ou sexa, que manexa os tempos, as normas e as leis como mellor lle cadra. Penso que, se os socialistas admiten esas trapalladas, sería como baixar os calzóns e firmar a morte do PSOE, cousa que non poden facer, se non queren perder o pouco creto que lles queda, xa non como socialistas, senón como persoas. Ou non é? 

Renarte

Te puede interesar