CLEANET

Foron a Madrid, pero seguirán de folga. Son conscientes de que a loita vale a pena, porque é a súa única garantía. Están en xogo os seus empregos, e necesitan que dende o Ministerio de Defensa entendan cales son as súas obrigas.
Non vale escusarse en que non son persoal laboral do Estado. Precisamente, iso é unha maior responsabilidade que teñen dende a Administración central. Mais, cando esta última tiña que velar polo emprego estable e de calidade.
Creo, ademais, que no caso de Cleanet hai unha maior discriminación. Trátase dunha empresa de limpeza, onde case a práctica totalidade son mulleres traballadoras. Se fosen fundamentalmente unha empresa de varóns, hai tempo que estaría resolto. En todo caso, o Ministerio de Defensa debe resolver o asunto de xeito satisfactorio, que a xente cobre os seus salarios e que sigan elas todas e todos a traballar.

 

CLEANET

Te puede interesar