Cuestión de luces

Seica ao alcalde de Vigo gústanlle moito as luces, porque xa está preparando a iluminación do Nadal da súa cidade para facela “líder mundial da luminosidade”. Con tanta luz pensa deslumbrar aos alcaldes de cidades famosas, como Nueva York ou Paris. Habería que saber se o enorme investimento en Watios, material e traballo, vai ser compensado polos ingresos que produza a afluencia masiva de entusiastas destas “trangalladas”, pois os beneficios tocaranlle a certos sectores, pero os gastos afectarán a todos. Por outra banda, non parece posible que os alcaldes das outras grandes cidades vaian a entrar nun xogo de “iluminados”, porque terán cousas máis importantes que amañar, aínda con menos luz. Coido que don Abel tamén terá asuntos máis importantes que ese, pero en calquera caso, queda claro que este é un asunto “de luces”, porque hai que ter moi poucas “luces” para querer poñer moitísimas. Ou non é? Paréceme a min, claro. E co debido respecto, por suposto. 

Cuestión de luces

Te puede interesar