Si a política institucional quere ter sentido actualmente, si quere gañar en credibilidade, ten que impregnarse de vida. Moitos dos convencionalismos nos que se move chocan radicalmente coa realidade. Un bo exemplo é o acontecido a semana pasada coa comparecencia do presidente do Estado tratando de explicar o que está sucedendo na súa organización.
Outra mostra clara é a anterior do señor Feijóo con respecto á súa relación cun coñecido narco galego. Podemos estar debatendo durante moito tempo sobre o acertado ou non dos diversos ataques e defensas, pero a verdade é que na nosa contorna cotiá o exposto polos dirixentes do PP foi simplemente incríble. O que se pediu á cidadanía non é nin tan sequera un exercicio de fe, unicamente se apelou ao “hooliganismo” máis ramplón. O que está agora sucedendo a conta de Gibraltar reforza esa impresión, unha estupenda escusa “… a por eles oe, a por eles oe”.