Un día desafortunado

|

só así se poden comprender as palabras que X.M. Beiras dirixiu a cidadáns que, con absoluta lexitimidade democrática, presentaron unha alternativa municipalista, A Marea de Ferrol. Lembramos que definiu tal feito como “fraude”, “mentira“ e  subliñou  a “importancia de ir a escola sobre todo por parte de políticos analfabetos ...”.  
Un mal día...  pois resulta improbábel que descoñeza que A Marea de Ferrol non é o resultado de ningunha escisión, se non que a súa orixe está na Marea Ártabra que se presentara as anteriores  eleccións municipais e da que se separara a coalición (Anova/EU ) o 28 de marzo de 2015 para constituír  FeC. 
Remexo o café que, amablemente, me serviu a camareira e deixo que os meus ollos vaian alén da cristaleira do Almirante.  Fican perdidos entre os lamigueiros e bidueiros do Concepción Arenal aínda con roupa de primavera.  Ás portas dun novo 25 de xullo, non perdemos a esperanza.  A pesar de nós mesmos. 
 

Un día desafortunado