Engordar no cárcere

ecordo cando comezaban a destaparse algún que outro caso de corrupción política como o Flick e Flock –que quedou en nada–, Filesa, Malesa e Time-Export e xa, con máis graxa, o asunto de Roldán e o de Vera e Barrionuevo. Estes últimos personaxes entraron no cárcere, aos que seguíu aquel elemento, outrora exemplo da mocidade, de Mario Conde, e a ampliación da lista de famosos que pasaron por prisión déixoa en mans do avispado lector como xogo de sobremesa. Independemente dos seus delictos, todos teñen en común o feito de enmagrecer entre os ferros da prisión. Moi recente temos o aspecto do ex-duque de Palma, que sendo deportista, vese que perdeu algún que outro quilo no presidio, por non falar de Ortega Cano, moi de moda ultimamente, ou de outro asiduo da reclusión como Jaume Matas.
Como sucede sempre en toda regra, hai algunha excepción. Nesta ocasión, Oriol Junqueras presenta un aspecto de estar recluído nun salón gourmet. Descoñezo os quilos cos que ingresou na penitenciaría, pero o réxime calórico do que fai gala faría a calquera preocuparse polo colesterol ou os triglicéridos. Ademais, o catalán tamén sufriu un ennegrecemento do pelo, no sei se debido ao réxime ou a algún tinte.
Está claro que o Ministerio de Interior cambiou o réxime alimenticio dos penados. Estes reclusos do século XXI non teñen nada que ver cos rostros raquíticos que presentaban os políticos presos da centuria pasada, metidos máis en cintura que os actuais.
A vida carcelaria xa non é o que era e tanto que Concepción Arenal en vez de visitar presos para levarlles comida, roupa e obxectos de primeira necesidade, se exercese hoxe a súa piadosa acción tería que ir cargada de accesorios para pilates, cargadores de móbiles e fotocopias de dietas e vida saudable.
A falta de quen aclare o motivo do sobrepeso de Oriol Junqueras, só queda por pensar que anda arrepañando nas bandexas dos colegas reclusos toda a comida que pode ou que está en folga de engorde. Por que iso de velo correr polo patio, como Vera e Barrionuevo, aínda non se publicou, así que os seus contactos vis a vis son máis bis a biscoitos.

Engordar no cárcere

Te puede interesar