MISCELÁNEA

O tempo dirá se, a asemblea de onte, é a máis importante das últimas décadas para os traballadores de Megasa. Acontece isto por un exemplo claro de como o dereito de propiedade –que sempre debe estar supeditado ao interese xeral– vulnera os dereitos laborais. Como diría Bensaïd a propiedade duns poucos é a desposesión dos demais.
O PSOE ten unha oportunidade en Podemos, se aparta a quen o ata ao pasado inmediato da crise. Estou cos socialistas gregos integrados en Syriza e por que cambiemos o mundo de base. O camiño das esquerdas está na súa unidade, programa e hexemonía. Engado á miña biblioteca o “Alabardas” de Saramago. A novela que el non puido rematar. Isto déixanos a posibilidade de ir quizais polos mesmos camiños do portugués. Ser o Artur Paz Semedo que busca a verdade da fábrica de armamento e das súas reflexións sobre o lado escuro da política.

 

MISCELÁNEA

Te puede interesar