A causa das mulleres

|

osé Manuel Sarille foi profesor na FP de Barallobre, anos despois da reconversión naval. Para aqueles, que coincidimos con el naquel tempo, resultábanos un tipo peculiar. Sempre foi un heterodoxo e carecía do sectarismo militante de entón. Así que a ninguén estrañounos que fóra o artífice da asociación cultural máis grande de Galicia: a Mesa pola Normalización Lingüística, os seus libros o toda esa xeira de artigos que foron e segue a publicar na prensa.
Agora vén de recoller nun libro artigos escritos ao longo de dous decenios. “A causa das mulleres”, que pretende ser unha contribución á abolición da prostitución. Pero, eses artigos teñen un valor engadido, vai trazando liñas desa nova masculinidade que ten que rachar co machismo e coa dominación do capital. Unha chamada aos homes para que tamén aceleren o paso. O vello mundo esmorece, e coma sempre a mazá mordida contén o coñecemento da liberdade.

A causa das mulleres