Teléfono vermello? Voamos cara Ferrol

O PP conta os días para investir a Rajoy. A socialdemocracia española se desangra tras o “erro” de permitir que un PP KO o 20D se recuperase o 26X.
Ferrol reproduce o esquema estatal cando o goberno de FeC e PSOE salta polos aires sen argüir diferenzas ideolóxicas. E aquí, como no Estado, as solucións propostas pasan por un goberno de concentración entre FeC con apoios do PP ou ben unha moción de censura avalada polo PSOE tras investir a Rajoy polo ben de España nun caso e da Cidade no outro.
Se ademais advertimos que o “erro” da progresía é produto da negativa a asumir que no Estado existen máis nacións que a que nomea a este artificial construto político chamado España e que nas dúas opcións se exclúe ao nacionalismo, a conclusión é simple. O debate territorial excede con moito a cuestión identitaria e ten fondas consecuencias económicas ademais de que parece claro que a única alternativa ao status quo pasa por vías que soborden o abano das opcións estatais.
 

Teléfono vermello? Voamos cara Ferrol

Te puede interesar