Destino ilustrado

Saben da miña querenza polo proxectos innovadores que fan marca Ferrol. Eses que suman esforzos, que van caendo por decantación pero que teñen un valor moito máis alá do inmediato e tanxible incluso. O proxecto de facer da nosa cidade o primeiro destino turístico ilustrado ten a forza de amosar a capacidade de crer nas nosas propias cualidades e de promover o orgullo do que fomos, pero moito máis do que queremos ser. E estas cousas nos tempos da pandemia é unha sorte colectiva que precisamos.

As sinerxías das concelleiras Eva Martínez e Mayte Deus xunto a hostaleiros e comerciantes tráenos esta iniciativa da Rede de Espazos Ilustrados, que van sumarse á Ruta e, indubidablemente, á homenaxe a Rodolfo Ucha. O traballo constante e colectivo pola cidade paga a pega. Ferrol necesita crer en si mesma, necesita de proxectos ilusionantes e colectivos. Somos unha cidade moderna, ilustrada, viva.

Destino ilustrado

Te puede interesar