A sombra dunha dúbida

Onte xulgábase como un disparate unhas novas eleccións catalás a pesar de afirmar que repetilas no Estado era lóxico. Porque aínda que nin o conxunto PP- C’s nin a entente PSOE- Podemos supón ningún quebranto para o sistema, uns e outros precisaban un acordo cos cataláns, e iso é inadmisible para quen antepón asegurar o status-quo a gobernar un Estado que no fondo rexenta a UE. En resumo, o que acontecese na Cataluña postelectoral era inaceptable fose como fose e como o resultado nas eleccións ao Congreso non nos gustaba, había que repetilo para non negociar cos nacionalistas. Hoxe, fatalidades do destino, foise Mas e xúlgase como un disparate que non haxa novas eleccións en Cataluña. E o indixesto acordo catalán provocará que non se repitan uns comicios ao Congreso que xa non resolverían nada máis que mudar a correlación de forzas estatais pero que verte cada vez máis dúbidas sobre a virtude democrática dun Estado que nega a vontade dun pobo. Por certo, Rajoy, tamén se vai?
 

A sombra dunha dúbida

Te puede interesar