Sen banca galega

Sen caixas e sen banca galega. Morre o ano consumándose a perda da banca resultante da fusión das caixas. Feijóo matou as caixas e deixou malvender a banca na que  tivemos que pór máis de 9.000 millóns de euros  para rescatala, dos que apenas recuperaremos mil millóns (sen contar as axudas fiscais e coa interrogante das preferentes). O crédito acentúa a caída  no noso país un 5%. Nas sucursais galegas  temos 4.800 millóns de euros  máis do que estas nos prestan en créditos.  Créditos que logo denéganse  aos autónomos, a entidades cooperativas do terceiro sector, a proxectos empresariais  de investimento… Perdemos unha ferramenta clave para dirixir e alentar dende o poder público un modelo de desenvolvemento sustentable e autocentrado, para xerar emprego para as case 350.000 persoas que están apuntadas no paro, para que non emigren as persoas novas na procura do pan. Sen banca galega pública todo será moito máis difícil. A fin desta historia centenaria ten responsables que deben pagar por elo.

 

Sen banca galega

Te puede interesar