Ferrol vai ben

Non atopo forma de entender que é o que está a pasar no Concello de Ferrol, porque son tantas as cousas que se len, din ou falan delas que máis ben parece semellar que un está a ver unha película. O que non sei é exactamente de que xénero, pero dubido entre o drama e a comedia. Agora que o penso, quédome a medias e prefiro falar de traxicomedia xa que logo por un lado están os anuncios de cousas que se fan, poucas ao meu entender e moi concentradas nalgunhas concellerías, como a de Benestar Social ou Cultura, pero tampouco máis alá do que poderíamos dicir que son cuestións de trámites. Imaxino que como o que está a suceder coas demais. Dan máis xogo os rifi-rafes continuos, e falo loxicamente do grupo de goberno –se é que se lle pode dicir eso, grupo– porque o que eles fan semella máis un partidiño de fútbol sala, aínda que os que son non cheguen nin para formar equipo. Vergoña non teñen e lémbrome daquela frase de Aznar que fixo época: “España va bien”. Tendo en conta que a cousa parece non ir con eles debe ser xa que logo Ferrol vai ben..., non sei a onde. 

Ferrol vai ben

Te puede interesar