Non quero ser agoreiro, que para eso xa chegou hoxe a choiva, precisamente no primeiro día do outono –aínda que moitos din que teremos un veroño, palabro sobre que cabería preguntarlle ó señor Pérez Reverte que pensa del e se é prescribible receitalo ou non, que xa se sabe que o idioma está sempre vivo–, pero penso que non estaría de máis que as autoridades municipais se anticiparan, aínda que só fora por unha vez, ás xa sabidas consecuencias que conleva o aparcadoiro do cuartel Sánchez Aguilera para quen, coma min, é habitual usuario. Non vaia ser que, como sempre está a suceder, a falta de previsión sexa o normal e non a excepción e, de novo, volvamos a encharcanos nos lodazais. E, xa de paso, que voten unha ollada ás canalizacións dos alcantarillados, que o verán deixa secos e cheos de sabe deus que e que acostuman a rebosar e deixar máis dunha rúa impracticable. Claro que tendo en conta que tampouco se teñen en conta os desbroces cando chega o verán, vai ti a saber...