Democracia ou corrupción

Escóndese  Feijóo das súas responsabilidades como presidente do PP galego e deshonra a dignidade da presidencia da Xunta, cando se nega a dar explicacións da trama galega do financiamento irregular do seu partido.  Ese partido que financia campañas electorais fraudulentas, deturpando a vontade popular, e enche os seus petos con doazóns das grandes empresas, esas entidades preñadas de filantropía que entregan cartos negros sen esperar cobrarse a prezo de ouro esas liberalidades nos pregos de contratación  da Xunta. Esa forma de goberno ten un nome: corrupción. E semella antitética coa democracia. Non hai interese xeral que valga diante dos dous millóns e medio de euros recadados en negro, dos que informa o que era o xerente do PP en Galicia no ano 2006, sendo presidente do partido Núñez Feijóo. Acaso non soubo nada? Pechou os ollos? Caeu na conta o ler os xornais? Vai camiño de emular as 41 maneiras de ser deshonesto apuntadas por Mark Twain.

 

Democracia ou corrupción

Te puede interesar