OS VALADOS DE MELILLA

Dende as orixes da especie humana, os seres humanos nacen dotados de un instinto indómito para evolucionar. Cando saímos do berce atópanse incompletos, é dicir, non acabados de facer, e queda á nosa libre decisión ir rematando a obra. Pero para conseguilo precisamos dos medios necesarios de supervivencia e ademais para desenvolvernos socialmente. Por paradoxo que pareza, esa acolledora África que serviu de xardín de infancia a unha humanidade que empezaba a camiñar hai millóns de anos foi quedando atrás no camiño do progreso. Os seus poboadores viven na marxinación absoluta do que significa hoxe dignidade humana. África é o continente máis poboado e o máis pobre do mundo. Pero os africanos veñen descrubrindo como viven a maioría dos europeos e non poden resistirse a penetrar nese paraíso, aínda que para conseguilo haxa que meterse nesta civilización atroz, competitiva e inxusta no reparto dos bens. Eles son conscientes de que a aposta lévaos con frecuencia a poñer a súa vida en perigo, cando non a perdela. Pero a necesidade de sobrevivir pesa máis que o medo a sufrir inxustizas ou a morrer. Po iso non se deteñen nin ante os ameazadores valados de Melilla. Os partidos políticos deberían saber que por encima dos dereitos de fronteiras está a vida das persoas e os dereitos humanos. África ten moitos dereitos históricos pendentes de cobrar, porque sempre foi o continente espoliado por todos. A restitución debida alcanzaríalles actualmente aos seus poboadores para vivir de rendas a costa do resto do mundo industrializado. ¿Pero onde está a xustiza do mundo, da ONU? En 1454, antes do descubrimento de América, o papa Nicolás V concedeulle ao rei de Portugal o dereito a invadir, conquistar e someter á escravitude a todos os poboadores de África. E un ano despois de que Colón arribase ao Novo Mundo, Alexandro VI (español el) lexitimou á Coroa española para invadir todo canto quixera e puidera en América, extraendo ouro e prata. Pero o mellor do negocio estaría na man de obra barata aportada por Árica: os barcos cargados de escravos que arribaban ás Antillas. Antes de metelos nos barcos, os negreiros medíanos, pesábanos, bautizábanos e subíanos ao barco en Luanda. Os que sobrevivían á longa travesía non chegaban a durar máis de sete ou oito anos porque traballaban como animais e comían pouco. ¿Con que dereito lles cerrar agora as portas da liberación no indebidamente chamado mundo civilizado?

 

OS VALADOS DE MELILLA

Te puede interesar