Ni galgos ni podencos

|

Estou, estamos no mundo enteiro, a vivir tempos difíciles. Este cualificativo que saíu así, de xeito espontáneo, queda curto, non quero pecar de alarmista pero a verba xusta é tráxicos. O peor é que a esta gran traxedia non se lle ve o final

Non creo que a solución estea na política. Nin os de aquí nin os de acolá teñen o bálsamo de fierabrás que acabe coa pandemia. Por elo, penso que acae moi ben o título deste apunte. Nin dereitas nin esquerdas, o problema é de todos e todos temos a obriga de poñer o noso gran de area para solucionalo, non hai outra. Tampouco son estes tempos de mudanzas nin de experimentos que os políticos, xa se sabe o que buscan, todos.

Non valen, xa o teño dito aquí, as críticas valeiras de contido, sen que vaian acompañadas de solucións. Mentres non haxa outras mellores, non queda máis que aterse as directrices das autoridades sanitarias: Utilizar as máscaras, anque dubidemos da súa efectividade, lavar as mans a miúdo, manter as distancias...etc.

Antonte en Londres houbo unha manifestación contra as restricións do goberno onde se dixo que o Coronavirus é un bulo. Non é a primeira vez que se escoita semellante comentario, mesmo no noso país. A min que mo expliquen, ¿é que os máis de trinta millóns de contaxios e un millón de mortos tamén é un bulo?. ¿Estamos todos tolos ou que?

Leo no DF o artigo de Tello Ripa. Estou de acordo co que di dos chineses. Remata dicindo que a cousa pode desembocar nunha guerra de China contra os EEUU, sen falar das implicación correspondentes no resto do mundo. Aínda estamos a tempo de evitala, loitemos todos xuntos para elo que, xa temos dabondo co que estamos a vivir, bastante peor que unha conflagración mundial. Exixámoslle a estas dúas superpotencias sentidiño que, por moitas voltas que lle dean, a guerra non vai beneficiar a ninguén, nin tan sequera a eles. 

Así que nin galgos nin podencos, nin farrapos de gaita como dicía miña nai. Aproveitemos, mellorando o que temos, todos cunha meta común que está ben clara: O mundo enteiro contra a pandemia, está en xogo a supervivencia da humanidade.

Pido perdón por estas opinións tan desacougantes pero estou convencido do que digo, non busquemos máis problemas, abonda cos que xa temos.

Os experimentos con gaseosa

Ni galgos ni podencos