ANEMIA

Seica a democracia española está atravesando un momento difícil, por mor da cuestión do independentismo catalán, que parece que se asemella a unha especie de anemia, contra a que xa hai quen aconsella proceder enerxicamente, para evitar que o Estado sufra algunha hemorraxia coa conseguinte rotura da unidade. Segundo o entendo, a anemia democrática debería combaterse con máis democracia, do mesmo xeito que a anemia das persoas se combate coa administración de vitaminas, segundo corresponda, e non con realizar sangrías, que deixan ao enfermo peor que antes. Xa que logo, contra esa anemia, o mellor sería administrar ao paciente unha boa dose de Democracia engadida, consistente en dialogar, estudar os problemas e buscar as posibles solucións, recorrendo se é necesario a consultar, non só aos líderes políticos, senón a o pobo en xeral na busca dunha saída consensuada, que parece o máis normal, cando se  quere presumir de demócrata. É posible?   

ANEMIA

Te puede interesar