EPPUR SI MUOVE

A principios dste mes celebrouse en Madrid o trinta e tres congreso da Asc. de Teólogos Xoán XXIII que acolle anualmente a un grupo de teólogos moi numeroso, europeos e americanos principalmente. E por contraditorio que lles pareza, singularmente aos sectores máis conservadores e fundamentalistas do catolicismo español, o lugar escollido para este encontro foron e así continúan, os locais do sindicato CCOO. Este foi o único sitio no que, ao principio desta andaina, hai xa 33 anos, cando pecháranselle todas as partas eclesiásticas da Católica España, este congreso encontrou acollida.
O tema nuclear do encontro de este ano estivo centrado na aposta pola recuperación dos valores da Teoloxía da Liberación, tan descoñecida e ao mesmo tempo vilipendiada nunha Europa sabida e chea de soberbia.
A mesma Europa que denominaba a tódolos demais seres humanos “terceiro mundo”. Acompañando a este primeiro obxetivo traían tamén os participantes unha solicitude dirixida ao Papa Francisco para pedirlle a reahabilitación dos teólogos castigados e degradados durante os pontificados de Xoán Paulo II e Bieito XVI.  
“Eppur si muove” parece que foi a expresión que utilizou Galileo Galilei despois de que Roma o obrigara a desdicirse da súa afirmación de que a terra xiraba arredor do sol, e non ao revés como se viña mantendo dende os tempos bíblicos.
Agora tamén, despois da elección do papa Francisco, para moita xente, incluso aqueles que nunca se interesaron pola Igrexa ou se apartaron e renegaron dela, semella que algo se move e está cambiando nesta Institución sempre oposta socialmente aos valores laicos.
E o insólito está en que os que agora se moven, e que a penas o fixeran algunha vez na historia e deste xeito, sexan o Papa e o Vaticano O exemplo de Galileo resulta adoutrinador para os que andan en busca da verdade. El sufriu a incomprensión do poder eclesiástico, pero a súa verdade chegou a triunfar. E o mesmo pasa cos teólogos da liberación que, por fin, poden ver o recoñecemento aos seus esforzos. Quen traballa pola xustiza sabe que non o vai ter doado, pero séntese animado porque a verdade, aínda que tarde, sempre sae a flote.

EPPUR SI MUOVE

Te puede interesar