Arde Endesa, pero non queima, que eu saiba

|

É moita a xentiña que se atopa fronte a un dilema con isto de que Endesa, por mor da subida dos custes de emisións contaminantes á atmósfera, ten máis que frenada a actividade na súa central pontesa. O dilema é que non estamos moito, por aquí, polo labor de verse perder postos de traballo, pero tamén porque é máis que evidente que a combustión de carbón non é xa a mellor forma de producir enerxía dado o seu elevadísimo impacto no medio ambiente. O certo é que teñen razón, porque mo dí o sentido común, os que piden que a transición a modos enerxéticos menos gravosos non conleve o desmantelamento –que xa sabemos ao que leva– dunha sociedade –léase traballadores e as súas familias– á que non parece que se lle estean a dar moitas alternativas. Non sei se me explico, pero o máis inmediato é quitar o cheiro político e eportunista e traballar, de verdade, cara ao futuro.

Arde Endesa, pero non queima, que eu saiba