Retorno a Prior

Na xeografía imaxinaria de Méndez Ferrín o escritor retornaba a Tagen Ata, unha nación oprimida que agacha a realidade da Galiza actual. Tamén retornamos nós a Cabo Prior após varias semanas de ausencia. Para seguirmos observando desde esta atalaia privilexiada o que está a acontecer no noso arredor. E facémolo pillados no inefábel balbordo mediático orixinado pola exclusión de Madrid para a organización dos Xogos Olímpicos de 2020. Polo que se escoita semella que, como no franquismo, todo se debe a unha conspiración xudeo-masónica internacional contra a Marca España. O que ficou constadado, máis unha vez, é que sempre van sobrados, líderes en propaganda e manipulación (eran os favoritos e contaban cun apoio cidadá do 90%. U-lo?). Alén diso este retorno coincide coa macabra insistencia de Obama, paradoxalmente Nobel da Paz, de atacar militarmente a Siria. Desde Prior facémoslle chegar un contundente Non á guerra! 

Retorno a Prior

Te puede interesar