Recóndita

|

A mesma paisaxe de cando os pais eran fillos”. Encantoume a frase publicitaria e puiden comprobar na visita á localidade que a promocionaba a paixón da xente polo coñecemento, coidado e respeto do seu entorno natural, polas súas raices e herdanzas patrimoniais e culturais, auténticas bases da súa forte identidade e singularidade.

É unha pena que sexa imposible extrapolar esas preciosas e sentidas verbas a nosa pequena vila.

Non soupemos ou non quixemos conservar moitas das xoias que nos legaron, simplemente por desidia foron deteriorándose e desaparecendo para sempre.Ademais dun contorno irreal onde o eucalipto o domina practicamente todo, perdimos moito esquencendo o muiño da acea, o secadeiro das redes, as fábricas de salazón, moitas fontes e outros elementos que creou a xente de Cedeira. Aínda quedan algúns recuperables, mais a maioría están xa so na recóndita memoria dos nosos maiores.

Recóndita