Feridas

|

Adóitase dicir que, “o pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila”. Esta sentenza contradícese coa opinión dalgún político sobre a Recuperación da Memoria Histórica, de que, “non se deben reabrir feridas”. Será que a desgraza non lles tocou de cerca e por iso non se decatan de que, as feridas non están pechadas, nin estarán, mentres haxa xente que non poda honrar aos seus mortos.  Ou será que, con tal de conservar os seus privilexios, non lles importaría que aquela desgraciada historia se repetise, aínda que tivesen que pagar un triste prezo. Pero somos moitos aos que si importaría a perda aleivosa e inútil de tantas vidas, porque cremos que todos aqueles mortos, dunha e doutra banda, son todos nosos mortos. Xa sei que é tempo de festas e alegría, pero tamén é o momento de estar máis preto de quen non ten nada que celebrar, por non ter nin sequera o consolo de poñer un ramo de flores nunha tumba. Non quero amargar a ninguén, pero eu o vexo así.   

Feridas