Cartos

É impresionante a cantidade de cartos que está investindo a Xunta nestes últimos días. Mesmo semella que os euros saen desde debaixo das pedras. Iso parece indicar a boa saúde económica de Galicia e a posibilidade de saír desa situación “austericida” na que estamos mergullados. Mais para os que non somos moi coñecedores das cousas da economía, pode xurdir a idea de que isto non sexa máis que unha estratexia cara a obter un bo resultado no próximo comicio, pois que eses cartos, se son destinados a bos fins, xa deberían terse empregados sen agardar ás eleccións. Coido que alguén podería crer que esa sementeira monetaria pode obedecer á dobre intención de acadar unha boa achega de votos para seguir no goberno, ou para que, en caso de non poder seguir gobernando, deixar a caixa baleira e que, os que veñan atrás, atópense cunha manchea de dificultades e sen poder levar adiante o seu programa. Visto o sucedido nalgúns concellos, seica iso é algo habitual. Ou non é así?

Cartos

Te puede interesar