Depurar

|

O certo é que non se depurou como tal ningún litro de auga. É por tanto imposible parar aquilo que nunca empezou pero iso si, cobrouse. Toda persoa razoable e con conciencia defende a depuración como paso importante para recuperar aquilo que seguramente é o patrimonio máis importante da cidade e a comarca, a nosa ría. 
Pero isto non debe servir de escusa para os intereses económicos duns poucos e tampouco admite a situación xogos florais con cartéles publicitarios que simplemente esconden a nada. 
Son moitos os colectivos que senten enganados. Ademais esta burla adquire tinguiduras realmente grotescas. Os datos obxectivos son ridículos, xógase coa economía pero sobre todo coas ilusións de boa parte da cidadanía. As explicacións ofrecidas polos principais responsables políticos e técnicos son simplemente absurdas e deberán responder como realmente corresponde. 
 

Depurar