Estabilidade (2)

Matinando no da estabilidade, lembro que esa é unha condición indispensable na construción naval:  Un buque ten que  recuperar a súa posición normal, despois de que as ondas obrígueno a inclinarse a babor ou estribor, é dicir, a esquerda e dereita. Mais só con estabilidade non se pode navegar, senón que ademais fai falta un motor  e un temón capaces de movelo e orientar o seu rumbo. Porén, a pregunta é: A maioría absoluta do PP, ademais de estabilidade, proporcionou a este “buque”, o motor e o temón que o dirixira a bo porto? A xulgar polos resultados do 20-D parece que dezasete millóns de “mariñeiros” dixeron que non. Xa que logo, a estabilidade inmobilista non serve. Como diría Gila, o barco está moi bonito coa cor azul, pero non anda. Esa estabilidade será boa para os que teñen os seus intereses ben suxeitos coas cadeas das áncoras cravadas no fondo, pero non para os que teñen a auga ao pescozo. Xa que logo, estabilidade si, pero navegando. Vale?.

Estabilidade (2)

Te puede interesar