Quizais o mellor do noso deporte,o remo,é que avanzamos de costas á meta.
Si temos a sorte de chegar primeiro, esta forma case única no ámbito deportivo,permitenos ver o esforzo e o compromiso dos rivais.
Facilitanos poder esperalos mirándoios de fronte con respeto e admiración para felicitalos polo seu afán de superación. Os que chegan primeiro e os que veñen atrás,uns días uns e outros días outros, somos camaradas. Non entendemos por tanto a decisión da LGT de non aprobar unha normativa progresiva que axude a potenciar o remo femenino. Non compartimos o abandono dos clubs ás categorías de base en batel a partir de abril, cando ven o bon tempo.
Señores,reconsideren posturas,valoren o remo que vén, teñan visión de futuro,creen unha liga de verán para a canteira e sigan mirando de costas á meta para esperar e acoller a tod@s. A Tombo de Ares,un exemplo a seguir.