Aprendendo do pasado

|

ficamos nun mundo de aguda confrontación entre potencias, cunha UE que se vai desfacendo polas contradicións entre estados, vexase o Brexit, Italia, Grecia e os países do leste da Unión. Ao que debemos sumar os retrocesos laborais, sociais e democráticos, e a contestación lóxica de milleiros de mobilizacións laborais e sociais, como a dos chalecos amarelos en Francia, que malia os feridos e detencións mantéñense na rúa. Trátase dun contexto que cómpre analizalo con perspectiva de futuro sen esquecer o pasado. Por exemplo, no caso da Galiza, lembrando que hai 25 anos persoas do rural e do mundo laboral tomaban as rúas, para mellorar as condicións de vida. Vexamos.
O 19 de xaneiro facíase unha manifestación de gandeiros na Coruña, na que participaron dez mil persoas, na que se denunciaba o inxusto reparto de cotas de leite que facía a Unión Europea. Este facía de corsé para as explotacións galegas, xa que se penaba o aumento da produción, malia que o Estado español non cubría a demanda. Moitos anos despois, cando se eliminaron as cotas o sector estaba estragado, e a capacidade de competir co centro de Europa xa era imposíbel. Tiña razón o nacionalismo cando afirmaba que “o Mercado Común Europeo era a ruína do agro galego”, malia a riqueza potencial do país. 
Tamén a política de pactos sociais amosaba seus límites e hipotecas. O 27 de xaneiro convocábase unha folga xeral en todo o Estado español, mais que tivo a Galiza como un dos territorios onde o paro acadou maior participación. Foi unha folga con poucos incidentes, só una ducia de detidos. A convocatoria que fixeron as centrais sindicais tiña o obxectivo de frear a reforma laboral do Goberno do PSOE presidido por Felipe González. Entre as medidas regresivas estaban: abaratar o despedimento inxustificado, a precarización dos aprendices, recortar a contía económica das prestacións por desemprego, redución das pensións e dos salarios dos empregados públicos, e abrir as portas á privatización dos servizos públicos. 
A diferenza da folga xeral de 1988, que fixo desistir ao goberno do PSOE dunha reforma regresiva, no paro de 1994 non cedeu. Axudou nesta actitude, ademais do apoio da patronal, que días despois as centrais sindicais estatais optaran por dar a batalla na negociación colectiva. Con esta decisión fracturábase e debilitábase a resposta e moitos aspectos quedaban sen contestación. Esquecíase que a converxencia das loitas fortalece á clase traballadora (casualmente?). Experiencias das que aprender, para non repetir erros

Aprendendo do pasado