Galicia non é país para as traballadoras. Sete anos de violencia neoliberal de Núñez Feijóo nos deixan peores condicións no traballo para as mulleres galegas. Hoxe somos 37.400 traballadoras menos, temos salarios máis baixos (máis de 162.000 gañan menos que o SMI), padecemos máis brecha salarial (a mellor de Europa para as que traballan a tempo parcial), ou un paro que afecta o 20% das mulleres en activo; datos que recollo do informe da CIG. As leis e políticas de Núñez Feijóo causan que hoxe se nos explote máis nos traballos, conciliemos peor e padezamos maiores desigualdades. Ben se nota que é un home de dereitas. As datas do 8 e 10 de marzo deben movernos a actuar en unidade para que a clase traballadora presente batalla por un novo réxime político e social, que faga do emprego estable e con dereitos, da procura da igualdade real e dos servizos públicos afortalados os piares dun país para as persoas traballadoras.