ILUSIÓN

Recordo o que me chamara a atención a explicación que nos deran do tempo nunha clase de filosofía no bacharelato. A verdade é que, como todo o mundo, tiña pronunciado moitas veces frases como: “este ano canto me tardan as vocacións”, “non dá chegado o domingo”, que rápido pasou o verán”..., mais sen reparar en que o tempo cronolóxico era sempre o mesmo e que o tempo que voaba ou que se facía eterno era cousa psicolóxica. O tempo dos bos momentos sempre se facía máis curto. E é así.
Hai uns días, meu neto Iago, adolescente de 16 anos, contábame entusiasmado que esta semana faría un ano que saía con Tania e estaba sorprendido do rápido que lle pasara o tempo. Bo sinal, díxenlle, e comenteille este meu recordo filosófico. Decidiu escribirlle uns versos á compañeira expresándolle todo o que sente por ela. Con esta ilusionada dedicatoria: “Feliz aniversario cariño, el primero de muchos otros a tu lado”. Gustei da iniciativa e veume un aquel de nostalxia. Parabéns.

ILUSIÓN

Te puede interesar