Das lóxicas difusas

finou Lofty A. Zadeh, creador da lóxica difusa. Unha lóxica, un sistema matemático, que recoñece máis que simples valores de verdadeiro ou falso. Coa lóxica difusa as proposicións poden ser representadas con graos de veracidade ou falsidade. Particularmente útil nas aplicacións de intelixencia artificial.
Digamos que permite delimitar diversidade de grises entre as liñas definitorias do branco e o negro. Dalgún xeito, resulta unha noticia curiosa ante a situación tensa, complexa e de choque de trens que estamos a vivir en Cataluña.
Podería axudar a entender, en que punto e por que causa evitouse o diálogo e a utilización elemental do sentido común, que debera presidir a toma de decisións das institucións que representan a toda unha cidadanía.
Por riba de calquera cousa, nunha convivencia ordenada, está sempre a Lei. Que obriga a todos. Para calquera outra iniciativa debera de actuarse con intelixencia, agardar os momentos oportunos e practicar os cambios lexislativos que, a nivel estatal, sexan precisos para cambiar recoñecementos ou sistemas.
Non se trata de ser máis papista que o papa, pero construír sobre terreo alleo nin da legalidade, nin garante solidez, nin poderá ser recoñecido ante ningunha instancia internacional. Por iso, actuacións como a de Ada Colau non cedendo as instalacións municipais de Barcelona é adecuada e intelixente.
É ademais, a que lle vai permitir seguir en política activa e loitar, politicamente, por acadar os obxectivos ca súa formación pretende. Agora as presións son descomunais. Comezan as algaradas e, mentres, o tradicional seny non está, aínda que se lle espera.
Sabes? -Díxolle el- nada é máis doado que escoitarte e sentirte. Contigo sempre é grande ata o momento máis minúsculo. Nada é máis difícil que respirar sen ti.

Das lóxicas difusas

Te puede interesar