Saber a verdade

Co terríbel descarrilamento de Angrois pásanos como cando observamos auga turbia. De primeiras só advertimos o visíbel en superficie (o despiste-imprudencia do maquinista). Mais se deixamos pousar a auga revolta podemos decatarnos que hai moitas outras cousas (unha curva inadecuada para a alta velocidade, fallos nas medidas de seguranza detectados con anterioridade a este accidente; que non se pode supeditar todo á intervención humana). En definitiva, hai que clarificar moitas cousas, e non todas van ter resposta coas informacións que revele a caixa negra. Por iso requirimos do Goberno do Estado, de Adif e de Renfe claridade e transparencia.
Chegar até o fondo das causas que provocaron unha traxedia que ficará imborrábel no noso pobo. Débenllo a todas as vítimas. Débenllo a Elisa, a Tomás, a Rodrigo, a Nerea, a Lidia e a Daniela, nomes dunha traxedia que nunca debería terse producido. Descansen en paz.

 

Saber a verdade

Te puede interesar