Trompeteiro

Que queren que lles diga? Eu penso que o de chamarse Trump, alo menos para este país, conleva pensar nunha trompeta, que según quen a toque pode soar ben ou mal, ou mesmo facerse soportable, aínda que non na noite nin nas mañanciñas. Falando de mañanciñas, non pasa unha que non esperte sen ver ó Trump toca-la trompeta, que parece que é o que máis lle está a gostar, tanto coma a un neno a quen os Reis Magos ya deixaran. De feito, parece que ó Trump segue a vivir, opinar e decidir como o primeiro día de escola; é dicir, sen saber moi ben por onde queda a aula, onde colgar o mandilón, de que pé coxea a profe ou o profe, se o que fai o compañeiro ó carón do pupitre mergullando no nariz está permitido... Cousas, como se sabe, que xa no segundo día están moi ben aprendidas e nas que, o sentido común, sumado á experiencia da xornada anterior, non se repiten ou ben se fan polo que poida pasar. O caso é que o trompeteiro, lonxe de aprender, o que suporía que algún día podería incluso ensinar, no só mete o dedo no seu nariz senón na de todos. Hai que velo, tan feliz el!

Trompeteiro

Te puede interesar