A década en Ferrol

e sempre se dí que “nunca choveu que non escampara”, pero, que queren que lles diga, eu aínda estou por verder o rexurdir desta a nosa cidade, á que vexo esvaecer, agora que termina a década, máis que nunca. E xa non quero referirme ao feito de que o actual goberno municipal está, desde logo, aínda moi lonxe de facerse notar, senón a que, por desgraza, temos por costume, con tanto cambio de sillóns na praza de Armas e tanta minoría política como nos goberna nos últimos anos, de desfacer o que outros fan. Deste xeito pasan uns anos en que o único que parece medrar é a herba nos xardíns públicos e as silveiras nos camiños rurais, herbas na da boas nos tellados das casas e pedras que saen das rúas e das beirarrúas como se tiveran vida propia. Cidade boa e xenerosa a nosa, mais cidade esgotada, castigada a cotío e ferida no seu ánimo unha década máis. Sintóo.

A década en Ferrol

Te puede interesar