PINTORES

Ata o 18 de maio no museo Thyssen disfrutarase da exposición do xenial pintor Paul Cézanne. Unha mostra na que destaca a relación da paisaxe coa natureza morta. Unha mezcla simbiótica na que as naturezas mortas semellan paisaxes, e as paisaxes aparentan naturezas mortas. Unhas creacións que marcaron un tránsito na arte pictórica.
Os galegos non necesitamos viaxar a Madrid para contemplár este fenómeno. Un dos mil exemplos é o que leva sucedendo dende hai tempo coas parroquias en Cedeira. Agora, co  proxecto de “humanización” do centro da vila, os pintores da política local poñen ante os nosos ollos a mesma situación. O rural moi deficitario en servizos de saneamento, augas, e por suposto sen beirarúas,deshumanizase pouco a pouco.
As súas pinceladas sobre a realidade social demostran que aquí tamén son capaces do tránsito, de que as paisaxes rústicas vaian tomando forma de naturezas mortas.  

 

PINTORES

Te puede interesar