HAI MAREA

Hai cambio, hai Marea, porque o que nos une son as inxustizas que sufren as persoas. Xa chega o rumor do bater dunha marea salgada de vida nova e limpeza ética contra o sucio muro da corrupción  dun réxime bipartidista, hai xa demasiados anos , ao servizo dos intereses dunha manchea de oligarcas, banqueiros e grandes empresarios. O PP e as súas políticas son os inimigos da xente do común. Hai Marea porque existe unha  maioría social que arela rescatar o ben común, afirmar unha vida con traballo e dereitos na nosa terra e construír de xeito compartido un vivir con dignidade. Hai unha Marea que crece ao abeiro da cercanía coa xente traballadora, cercanía  tecida de razóns programáticas e de valores emancipadores. Hai Marea porque somos moitas as mulleres que queremos a igualdade dunha democracia feminizada; porque son máis as persoas traballadoras que acreditan na dignidade do seu traballo.

HAI MAREA

Te puede interesar