A desigualdade entre persoas

É ben sabido que unha parte das desigualdades coas que debemos convivir a diario veñen impostas pola propia natureza humana da que estamos formados. Nacemos desiguais e esta é a característica común que levamos nos xenes para diferenciarnos como persoas. Ningunha persoa é igual ás demais. 
Pero, deixando a un lado a lei natural, hai outras desigualdades impostas por intereses económicos e sociais dos poderosos que poden en deben corrixirse. Desde non hai moito tempo para aquí, as desigualdades inxustamente impostas polo sistema político e económico adoptado polo goberno de turno aumentan de un xeito desproporcionado. 
E isto lévanos a que aumenten escandalosamente esas desigualdades. Algo que está ben abonado por un clima de competencias cainitas que reina nesta sociedade. Homo homini lupus. Como na selva. Desta maneira as economías familiares débiles non teñen máis remedio que sucumbir e pedir esmola. Pódese comprobar a diario. 
Como consecuencia, os pobres pasan agora a ser  máis pobres, e os ricos chegan a amontoar moita máis riqueza. E non vale botarlle a culpa, como fai Rajoy, á situación de crise na que estamos metidos. A Rajoy parece que non lle interesa facer análise do que ocorre. O que el e o seu partido viñeron buscando foi, sobre todo, un refuxio que os protexa da saraibada de acusacións e protestas que se lles veñen encima. 
Polo tanto, non cabe dúbida de que o premeiro responsable inmediato do que está a pasar actualmente nesta sociedade foi e está sendo o goberno, é dicir, Rajoy e o partido popular. 
E non se trata de botar culpas, que de nada sirve, senón de abrilos ollos para non continuar cometendo os mesmos erros en política. O Goberno presume de que empeza a medrar a economía e iso é evidente en algún aspecto, pero a desigualdade permanece oculta. Hai que repartir os resultados do crecemento con xustiza, dándolles máis aos que menos teñen. Senón, a economía medra para os que xa teñen, e os que non teñen nada quedan como están.

A desigualdade entre persoas

Te puede interesar