Zume de laranxa ou limón

e xeito amistoso e con moito humor, a política local e os seus protagonistas acaban de recibir os seus premios Laranxa (para os mellores) e Limóns (para os menos bos...). E posiblemente, as periodistas que seguen a política local –como case todas son mulleres, vou utilizar o xenérico femenino para nomealos a todos/as– están máis preto do que pensa a maioría da cidadanía. Así que parabéns para as mellores concelleiras e  concelleiros. O resto, xa saben...  a mellorar.
Pero, tamén é certo que non hai exercicio máis inútil que xogar a trasladar a que supostamente temos un goberno de malos malísimos, sen proxecto nin ambición. Quizais aínda algúns non saiban que precisamente son socios preferentes en Galicia dos socialistas. Quizais non saiban que, na práctica, nada hai fóra do goberno municipal, só a oposición do PP. O demais son fogos de artificio ou “sacarlle” o premio limón a Rey Varela. Feliz 2020.

Zume de laranxa ou limón

Te puede interesar