Nestes días andamos en EU Ferrol renovando o consello político local. Como consecuencia deste cambio deixarei de ser coordinador local da miña organización. Foron preto de catro anos realmente intensos, onde procurei participar do encargo recibido de traballar polos procesos de converxencia nos que nos situamos con forza.
Visto cunha certa perspectiva ocorreron cousas dificilmente previsibles e que nos levaron a unha representación institucional realmente importante no parlamento galego ou a conseguir o goberno da nosa cidade. Os retos que se nos presentan non son menos importantes e é necesario renovar e dotar de músculo un órgano fundamental para o noso traballo diario.
A miña obrigación é centrarme no meu traballo como concelleiro e colaborar como militante de base con esta que será sempre a miña organización. Grazas polo apoio e agarimo recibido. Realmente foi unha honra representar esta tradición.