Mediador

O ofrecemento de don Mariano ao sr. Trump, como mediador, levantou unha morea de críticas entre políticos e xornalistas que, coido eu, non souberon apreciar o indiscutible sentido do humor do noso Presidente. A min paréceme que a intención dese ofrecemento é un auténtico “vacile” ao ianqui que, como non ten nada de galego, se cadra pensará que é un home afortunado, cando alguén tan importante como o sr. Rajoy lle ofrece a súa amizade e a súa axuda. E xa non digamos o entusiasta agradecemento dos suramericanos. Eu xa imaxino a don Mariano pasándolle a man por enriba do lombo ao sr. Maduro, dicíndolle: ”Tes que ser boiño, home. Deixa que os ianquis che leven o petróleo. Madura home, madura”.  E de paso, convencerá aos mexicanos para que paguen o muro, poñéndolles como exemplo a depuradora de Ferrol. Mentres en Europa, franceses e alemáns, disimularán a súa envexa porque o Xefe español lles collese a dianteira. Este presidente noso é un auténtico xenio. Ou non é?

Mediador

Te puede interesar