Xa pasadas as eleccións, quedarán para a historia moitas frases dos diferentes personaxes da política, que definen aos seus autores dun xeito bastante claro. Por exemplo, a moderación foi utilizada como cualidade propia que non teñen os demais. Así, o Sr. Maroto, destacado persoeiro do PP dixo que: “hay que decir a todo el mundo de bien, que los moderados juntos sumamos mayoría”. Se pensamos un pouco, atoparemos que eles son a “xente de ben” e que os outros son “xente de mal”, do mesmo xeito que cando un presume de “patriota” está denunciando a falta de patriotismo do outro. O Sr. Rajoy remacha iso da moderación, dicindo que: “cuando el voto moderado se divide, se acaban aprovechando los malos”. Queda claro pois, que eles son os moderados, a xente de ben e os bos, e por conseguinte, os demais son os radicais, a xente de mal e os malos. Pois que queren que lles diga. Será verdade tamén que son os máis guapos, os máis altos, os máis intelixentes, os máis...?