De verdade?

u non che son xornalista, e aínda que de cando en vez préstame achegar aquí o que eu penso, que non quere dicir que sexa o máis acertado, tampouco me teño por articulista. Penso que é como esa xente que por escribir un libro que non se lea do mal escrito e nada interesante que é xa se ten por escritor. E xa non digo máis. Pero, entre moitas outras cousas –xa o dixen algunha que outra vez– gusto desta cidade que me veu nacer e na que penso morrer, na que aínda poido seguir saudando –afortunadamente– a moitos dos meus e na que xa empezo a ver faltar a algún que outro, ou algunha que outra –por isto de contemporanizar, que tanto se está a levar nestes tempos, aínda que moitas veces se faga o ridículo–. E digo isto porque vexo que hay xente que opina sobre todo, pero tamén sobre según quen. Explícome. O axeitado sería ter pensamentos o máis obxectivos posibles, pero, claro, se ten obxectividade según de quen se fala é da corda dun ou da do veciño co que non se saúda. E así as cousas, é doado eloxiar o pouco que se fai, según esa corda –estacha que é ás veces– cando pouco antes, aínda sendo motivo de loubar, non o é na súa opinión porque quen o fai, ou o di, é o veciño de escaleira co que non comulga aínda que lle gustaría –talvez– facelo. Pero, como o dito, hai cores para todos, aínda que, xa o sabemos, uns se afastan dos que a outros atraen. Xa no camiño do segundo semestre do primeiro ano do novo mandato municipal, uns poden así pensar que é un grande avance consignar 6.400 euros para encher buratos de rúas e vieiros e, pola contra, outros alporizarse de que, tendo en conta os meses pasados, tapalos é algo semellante a por unha tirita nunha fendecha que necesita dez puntos de sutura. En fin.

De verdade?

Te puede interesar