Sociedade 3.0

|

Antonte, cando ía mercar a prensa, sorprendeume ver varias persoas portando ponlas de loureiro e oliveira para celebrar o domingo de ramos. 

Cústame moito entender a pervivencia de determinados ritos. 

Por outro lado, escoñezo por que en Galicia se levan maioritariamente ramas destas especies arbóreas e non de palma. 

Talvez se deba á algunha influencia pagá ou simplemente pola escaseza de arecáceas na zona. 

Tampouco entendo o fervor con que algunha xente vive as procesións de semana santa. Pola contra, si comprendo a quen as vai ver, por seren un espectáculo. 

A coincidencia este ano, ou non tanto, dunha campaña electoral con esta festividade relixiosa lévame a pensar se será de todo constitucional a participación nas procesións de representantes políticos dun Estado aconfesional. 

Se a Xunta electoral obriga a retirar determinada simboloxía de espazos públicos, imaxino que tamén debería reparar neste tipo de asociacións icónicas. 

Non lles parece, ademais, esperpéntica a proxección desa mixtura de políticos e santos en pleno século XXI? Vai imaxe de país!

Sociedade 3.0