CELEBRACIÓN

Xa dende os seus inicios no ano 1981 a asociación Apader foi consciente de ver no deporte un dos seus retos básicos cara a lograr a promoción social das persoas que atendía.Pero é no ano 1996 cando se lle da un gran impulso a esta área coa constitución do Clube Polideportivo.
Cumplironse con creces os seus tres obxectivos fundamentais: Promover o fomento e a práctica da actividade física e deportiva en distintas especialidades; impulsar actividades de encontro coa natureza e o aire libre (sección de senderismo e montaña) e desenvolver programas lúdicos e recreativos. É obrigado no seu vixésimo aniversario celebrar que entre todos –deportis-tas, entrenadores, directivos, colaboradores, voluntarios e amigos– se conseguise que o deporte fose unha fonte continúa de ilusión, convivencia e crecemento persoal. Tamén é responsabilidade e deber común manter o ritmo e ter visión de futuro.   

CELEBRACIÓN

Te puede interesar