PENSIÓNS

Ás veces as noticias dos xornais poden inducir a errores, se só lemos as letras máis grosas e non se consulta toda a información. Hai algúns días lin que a pensión media de Galicia aumentara nun 1´9 %. Iso non significa que a pensión de cada un aumentase nesa mesma porcentaxe, de xeito que non hai motivo para a ledicia. Sucede que o calculo da media faise sumando todas as pensións e dividindo polo número de pensionistas. É dicir, se se producen novas xubilacións, con pensións altas, a media sube, aínda que as anteriores queden como estaban; e, se morren varias persoas coa pensión moi baixa, a media sube tamén. É dicir, nada de alegrías. Hai que estirar ben a paga, para chegar a fin de mes. Os que poidan claro, porque moitas das persoas pensionistas pouco poden estirar algo que xa non da máis de si. E aínda teremos sorte se os novos recortes que xa anuncian non tocan tamén  este punto, porque xa se sabe: a corda rompe sempre polo máis delgado. Meigas fora!    
 

PENSIÓNS

Te puede interesar