Os desbroces patrios

|

Chámanme a atención moitas cousas, o cal penso que obedece a una temprá inquietude por observar e, sobre todo, por parar, na medida do posible, a velas, a contemplalas. Mesmo reclaman os meus pobres e castigados miolos iso que se chama a cuestión catalá e que hoxe acapara tódalas portadas. Faino porque hai que ver o que se distancian as lecturas, en xeral, entre a prensa deste país e a europea, motivados isto –supoño– polas diferentes lecturas que fan tantas partes como nos poidamos imaxinar. A mín, o que me está a preocupar é que haxa xente que non teña coidado e mesmo lea máis dun xornal ou escoite máis dun informativo para se facer unha idea e non pensar que os desbroces duns e doutros son como os das malas herbas.

Os desbroces patrios