Debate da Autonomía?

A semana pasada o Parlamento Galego era o escenario solemne do que debería ser o máis importante debate político deste país, o marco onde a política amosa estar á altura da realidade social que transcurre fora das portas da Cámara galega sobrevivindo a duras penas a uns recortes dramáticos que impoñen copagos nos medicamentos, segregación nos colexos, taxazos na Xustiza, incumprimentos fragrantes de dereitos laborais, pensionazos... O Debate de Estado de Autonomía amosou un presidente rendido, encomendándose a miragres, esperas e encomendas de xestión a unha cidadanía que aparece de repente culpable do seu propio desemprego, das súas enfermidades crónicas, de ser vítimas de violencia de xénero, ou de non teren vivenda. O Debate presentou un Feijóo moi diferente ao da campaña electoral, aquel Feijóo fachendoso que brindaba escupindo éxito con champán para un flotel inmediato. Hoxe ese presidente simplemente “espera que México cumpra a súa palabra”, espera..., reza neses escasos treinta segundos que adicou a Navantia quen ostenta a máxima responsabilidade do Parlamento Galego. O debate presenta unha ausencia absoluta de proxecto de país, un presidente que compra titulares con propostas enanas para ocultar a incapacidade absoluta para gobernar con eficacia e humanidade unha Galicia que volve á emigración e á miseria . O debate presenta un Feijóo cuxa única proposta foi baixar en medio punto un IRPF a persoas que no máis dos casos nin teñen obriga de presentar a Declaración da Renta ; iso si , nin se lle ocurre gravar o IRPF para as rendas máis altas, ou ao Patrimonio, ou ás Sicavs, ou ás grandes superficies... Un Feijóo que continúa cas privatizacións , os repagos, o paro e a desolación, nun absurdo paripé caricaturizado nun Parlamento onde a transparencia, a información e a democracia real brila pola súa ausencia cun PP que confunde pacto con adhesión, consensos con ese “amén” tan utilizado pola dereita falso patriota. Cero propostas aceptadas dun PSdeG que propuso proxectos reais para combatir o paro, para potenciar a industria, para o naval, para os servizos públicos, para revertir as contrareformas populares... ese é o “talante” de Feijóo, ese o talante da dereita campante, ese o concepto de democracia dun goberno prepotente e incompetente.

Debate da Autonomía?

Te puede interesar