FERROL BEAUTY

|

Cos orzamentos prorrogados o Goberno local desenvolve o seu labor en base a dous recursos básicos: prórrogas de contratos e subvencións nominativas. O 1º amosa que non hai vontade de encarar un novo horizonte para a xestión pública dos servizos e que todo se limita a declaracións de intencións. Subministro eléctrico, mantemento de xardíns ou a xestión dos espazos culturais son exemplos disto. O 2º explica que o reparto dos recursos sen criterios obxectivos para que todos os colectivos da cidade poidan acceder a eles en igualdade de condicións demostra que a diferenza entre o goberno actual e o anterior se basea na afinidade do goberno de quenda. Gobernar a base de prórrogas de contratos e subvencións nominativas confirma que nin o goberno é Robin Hood nin Ferrol o bosque de Sherwood senón que o fin é seguir enchendo de pétalos de rosa o corpo espido dunha cidade que precisa xustamente o contrario, que lle quiten de enriba tanta floresta que nos impide ver o futuro.

FERROL BEAUTY