The Wall

Os muros constrúense para evitar que os “ outros” entren ou observen o que acontece  no outro lado. Houbo muros e murallas que pasaron á historia. O máis recente foi aquel que dividía a cidade de Berlín e ao resto do mundo en dous blocos ideolóxicos antagónicos.
Permanecen, aínda, na memoria colectiva os discursos dos líderes políticos occidentais  esixindo  a súa desaparición. Na actualidade occidente é o arquitecto, construtor e propietario  do muro da fame, da miseria, do xenocidio, da xenofobia... do colonialismo.  Que paradoxo! Entre 1992 e 1995 morrían só nas portas de Europa 400 mulleres e homes. Entre o 2008 e 2011 facíano 6.000. E sumen os milleiros de desaparecidos.
Ollo o horizonte. O mar deitase, devagar, no areal. E son quen de percibir unha melodía transportada na asas do mar. E na súa tona reflíctese a multitude de Gaza, Ceuta, Damascus... cantando a coro a melodía the Wall de PinkFloyd.

 

The Wall

Te puede interesar